Saltar ao contido

Luís Emilio Batallán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís Emilio Batallán
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, médico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLuís Batallán Pena Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1083768 BUSC: batallan-luis-emilio-1948 Musicbrainz: d574804f-ff9c-4c0b-a9fd-7c11f8e07e25 Editar o valor en Wikidata

Luís Emilio Batallán González, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1948, é un médico e músico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Luis Batallán Pena. En 1975 publicou o disco Ahí ven o maio, no que musicaba poemas de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas, Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro e do que se venderon máis de cincocentos mil exemplares.[1] Foi durante catro anos presidente do Pontevedra Club de Fútbol. En 1989 apareceu o seu segundo disco, Ballet da nena, con letras propias e de Uxío Novoneyra, Neira Vilas, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel Antonio. En 1992 apareceu o seu terceiro elepé Eres un fármaco. O seu traballo Tu retrato apareceu en 2007.

Xubilouse como médico rural en Moraña.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Luís Emilio Batallán foi fillo de Luis Batallán Pena, médico e alcalde de Moraña durante o franquismo, e de Ofelia González Taboada, farmacéutica en Moraña, finada en 2015. Está casado e ten catro fillos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]